Coordinación do título

José Ignacio Armesto Quiroga


master.mecatronica@uvigo.es
Formulario de contacto

 

Comisión académica

O Regulamento de Estudos Oficiais de Posgrao da Universidade de Vigo (REOP), aprobado polo Consello de Goberno o 14 de marzo de 2007 e modificado o 16 de abril de 2010, o 8 de febreiro de 2012 e o 18 de decembro de 2013, regula a composición e funcións da Comisións Académicas de Máster (CAM). Na última modificación revisáronse e modificaron polo Consello de Goberno da UVigo os artigos 4 e 5 do regulamento referentes á organización, xestión e asignación de docencia dos estudos oficiais de máster.

De acordo á nova redacción do artigo 4, o responsable académico do máster será o centro a través da Comisión Académica do mestrado (CAM).

Composición

A composición da CAM será aprobada polo centro. A coordinación do máster enviará ao centro responsable a proposta de membros da mesma para a súa aprobación en Xunta de centro. A CAM estará presidida pola coordinación do máster.

A composición actual da Comisión Académica do Máster en Mecatrónica é:

 

Funcións

Son funcións da Comisión Académica:

  1. Elaborar, e no seu caso, modificar o regulamento de réxime interno da propia comisión, o cal deberá ser remitido á Comisión de Estudos de Posgrao para a súa aprobación
  2. Vixiar o cumprimento da actividade docente e académica (cumprimento de horarios de clases e titorías, depósito da guía docente das materias na secretaria do centro de adscrición do máster) e velar pola dispoñibilidade dos espazos (aulas, laboratorios, equipos de vídeo conferencia, etc.), en coordinación co centro
  3. Seleccionar os estudantes admitidos no programa
  4. Emitir informe para o recoñecemento de créditos conforme á normativa da Universidade de Vigo
  5. Elaborar o POD/PDA do máster no prazo establecido pola universidade. Para o POD, a CAM poderá contar con persoal docente da Universidade de Vigo así como con profesorado externo cualificado. A elección do persoal docente deberá cumprir cos criterios obxectivos que aprobe a CAM
  6. Aprobar a distribución do orzamento asignado ao máster
  7. Todas aquelas que lle sexan encomendadas polo Centro responsable do máster, relativas á organización académica da titulación