Perfil de ingreso

O perfil de ingreso recomendado para o Máster Universitario en Mecatrónica é:

  • Enxeñeiro Industrial (todas as orientacións)
  • Enxeñeiro en Automática e Electrónica Industrial
  • Enxeñeiro Técnico Industrial
  • Graos do ámbito da enxeñaría industrial

O estudantado estranxeiro deberá solicitar na Universidade de Vigo a equivalencia do seu título para poder optar a matricularse e ter acceso, no seu caso, ao título correspondente aos estudos de máster.

O procedemento documentado para a selección, admisión e matriculación de estudantes aparece recollido no AC-0104 P1 do Sistema de Garantía de Calidade do centro.

Tendo en conta a normativa vixente, a comisión académica establece os seguintes requisitos de admisión:

Considérase que as seguintes titulacións inclúen as capacidades e coñecementos previos necesarios para comezar os estudos deste máster:

  1. Enxeñeiro Industrial (todas as orientacións)
  2. Enxeñeiro en Automática e Electrónica Industrial
  3. Enxeñeiro Técnico Industrial
  4. Graos do ámbito da enxeñaría industrial

Poderán tamén ser admitidos no máster candidatos doutras titulacións relacionadas se, a criterio da comisión académica, acreditan superar un número de créditos equivalente a algunha das anteriores titulacións nos seguintes ámbitos de coñecemento: Automática, Mecánica, Electrónica e Informática así como os Fundamentos Físicos (Electricidade e Mecánica) e Fundamentos Matemáticos.
Para valorar o nivel das capacidades e coñecementos previos, establecerase unha escala de puntuación para os seguintes aspectos que cada persoa candidata irá acumulando segundo o seu perfil.

  1. Titulación previa do candidato: ata 40 puntos, coa seguinte orde de preferencia:
    • Enxeñeiro Industrial da orientación ou titulación en Automática e Electrónica ou Enxeñeiro Industrial da orientación Mecánica
    • Resto de Enxeñeiros (superiores, enténdese con 2º ciclo)
    • Enxeñeiros técnicos industriais ou Graos do ámbito da enxeñaría industrial, de calquera especialidade
    • Outras titulacións que inclúan no seu programa académico un número de créditos equivalente a algunha das anteriores titulacións nos seguintes ámbitos de coñecemento: Automática, Mecánica, Electrónica e Informática así como os Fundamentos Físicos (Electricidade e Mecánica) e Fundamentos Matemáticos
  2. Expediente académico: ata 20 puntos
  3. Experiencia profesional no ámbito da mecatrónica (automática, mecánica, electrónica): ata 30 puntos
  4. Outros méritos do currículo vitae: ata 5 puntos
  5. Entrevista persoal: ata 5 puntos

Os resultados do proceso de admisión poderán ser reclamados ante a Comisión Académica do máster.

Para máis información sobre a matrícula así como para consultar as listaxes de persoas admitidas e excluídas consulta a web da Escola.

Condicións ou probas de acceso especiais

Non se establecen criterios específicos de acceso á titulación. Así mesmo, tampouco se considera necesaria a realización de ningunha proba de acceso especial á mesma. Deste xeito, todo estudante que superase os requisitos de acceso a titulacións de máster establecidos pola lexislación vixente e, de acordo cos mecanismos establecidos pola propia Universidade de Vigo e a Comisión Académica do máster, terá acceso directo á titulación.