O Plan de Acción Titorial (PAT) da Escola de Enxeñaría Industrial configúrase como o instrumento a través do cal se deseña o contido e execución das distintas accións relativas á titoría universitaria. Preténdese ir consolidando unha liña de acción titorial coherente coas necesidades do estudantado, normalizando as distintas accións e acadando un equilibrio axeitado entre as expectativas do estudantado e os obxectivos que se expoñen no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.

O PAT da EEI está composto por un conxunto de actividades dirixidas a todo o estudantado do centro, prestando unha especial atención ao de novo ingreso e ao que está rematando os seus estudos.

Plan de acción titorial da EEI