Xornada de acollida 2023/2024

A xornada de acollida do curso académico 2023/2024 tivo lugar o venres 15 de setembro de 2023, na aula 15 da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus.

 

O máster realiza esta xornada inaugural para acoller ao novo estudantado do título, contando coa participación das empresas colaboradoras.

Nela preténdese dar unha visión xeral do funcionamento e os contidos do título, informando concretamente sobre:

  • As prácticas externas
  • O Traballo Fin de Máster
  • Os servizos da Universidade de Vigo