Acto de apertura curso 2022/23

Este próximo venres 16 de setembro, a partir das 16:00 horas, terá lugar o acto de apertura do curso 2022/23 do mestrado na aula 15 da EEI – Sede Campus.

Haberá unha presentación por parte de diversas empresas (Borgwarner, GKN, Distevi, Aimen, CTAG…)

Trala presentación por parte das empresas, a coordinación do mestrado dará información sobre o funcionamiento do mesmo, tanto desde o punto de vista docente coma administrativo e resolverá calquera tipo de dúbida relativa á matrícula, prácticas externas e o TFM.

Só poderán asistir alumnos matriculados ou preinscritos ata completar aforo.