Profesor/a contratado/a doutor/a
Área de Enxeñaría dos Procesos de Fabricación
Departamento de Deseño na Enxeñaría
Información de contacto
Escola de Enxeñaría Industrial
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 602
gupelaez@uvigo.gal
Breve CV
Doutor Enxeñeiro Industrial dende 1999, desenvolve na Universidade de Vigo a súa carreira como Profesor Doutor na área de Enxeñería dos Procesos de fabricación na Escola de Enxeñaría Industrial e ademais Coordina o Máster en Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica. Ten recibido o Premio Extraordinario de doutoramento, e dirixido teses e Proxectos de I+D de aplicación de Tecnoloxías nos procesos das plantas produtivas e no Deseño e Desenvolvemento de produtos e equipos mecánicos. Actualmente as liñas no seu traballo máis salientables son: aplicación da simulación nas plantas produtivas; deseño, modelado, simulación e ensaio de procesos, pezas, útiles e equipos para a procesos convencionais e avanzados de conformación metálica; estudo da capacidade, estabilidade e dos sistemas de amarre para procesos de mecanizado de altas prestacións; e desenvolvemento de sistemas sostibles de fabricación.
Docencia
1º cuadrimestre
2º cuadrimestre
V04M093V01206 | Xestión do Ciclo de Vida do Produto: PLM/PDM
Investigación
Grupo de investigación
Grupo de Enxeñería de Deseño e Fabricación (GEDEFA)
Liñas de investigación
- Simulación de procesos e sistemas de fabricación
- Sustentabilidade nos sistemas de fabricación
- Fabricación 4.0