Obxectivos do título

Xerais

  • Ofrecer unha visión completa da enxeñaría mecatrónica orientada á análise, deseño e implantación de maquinaria industrial de altas prestacións
  • Integrar no deseño dun compoñente ou dun sistema mecánico as tecnoloxías de control, electrónica e informática
  • Automatizar o funcionamento dos sistemas mecánicos e comunicalos coa súa contorna
  • Formar a profesionais cualificados nas áreas de análises, deseño e implantación de sistemas mecatrónicos, profundando para iso nos coñecementos técnicos e as ferramentas de deseño asistido por computador que faciliten a elaboración de produtos mecatrónicos eficientes

Específicos

  • Ofrecer unha formación especializada no coñecemento dos fundamentos de sistemas mecatrónicos
  • Lograr que o estudante consiga adquirir capacidade de xestión e análise de proxectos nos que estean involucrados sistemas mecatrónicos
  • Que o estudante coñeza as principais técnicas de deseño e simulación aplicadas a sistemas mecatrónicos
  • A adquisición de coñecementos para o desenvolvemento das técnicas de control aplicadas na automatización e control de sistemas mecatrónicos
  • Introducir ao estudante no uso de ferramentas de software aplicables no deseño, desenvolvemento e simulación de sistemas mecatrónicos
  • Dar capacidade ao estudante para a especificación, selección e integración de equipos eléctricos e electrónicos relacionados cos sistemas mecatrónicos

 

Competencias

CB6
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.

CB7
Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.

CB8
Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.

CB9
Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.

CB10
Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.

CG0
Falar ben en público.

CG1
Capacidade para proxectar, calcular e deseñar produtos e sistemas mecatrónicos.

CG2
Capacidade para integrar as tecnoloxías de control, electrónica e informática no deseño dun compoñente ou duns sistemas mecánico.

CG3
Realizar investigación, desenvolvemento e innovación en produtos, procesos e metodoloxías no ámbito da mecatrónica.

CG4
Capacidade de organización e planificación no ámbito da enxeñaría.

CG5
Capacidade de análise e síntese e de resolver problemas e tomar decisións con iniciativa, creatividade e razoamento crítico.

CG6
Destreza na aplicación de ferramentas informáticas no ámbito da enxeñaría.

CG7
Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.

CG8
Capacidade para aplicar os métodos e principios da calidade.

CG9
Capacidade de analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas.

CG10
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia e transmitir conceptos, especificacións e funcionalidades no campo da enxeñaría, tanto oralmente como de maneira escrita.

CG11
Traballo en equipo.

CE1
Capacidade para comprender os compoñentes e o funcionamento dos sistemas mecatrónicos.

CE2
Capacidade para o uso de técnicas de deseño, desenvolvemento e simulación aplicadas a sistemas mecatrónicos.

CE3
Capacidade de xestión e análise de proxectos no ámbito da mecatrónica.

CE4
Capacidade para especificar e implementar técnicas de control.

CE5
Destreza no manexo de ferramentas de software aplicables no deseño, desenvolvemento e simulación dos compoñentes mecánicos dun sistema mecatrónico.

CE6
Capacidade para especificar, seleccionar e integrar dispositivos eléctricos e electrónicos en sistemas mecatrónicos.

CE7
Capacidade para especificar, seleccionar e integrar compoñentes mecánicos e materiais en sistemas mecatrónicos.

CE8
Destreza no manexo de ferramentas de software aplicables no deseño, desenvolvemento e simulación dos sistemas electrónicos de control dun sistema mecatrónico.

CE9
Capacidade para implantar, explotar e manter os sistemas mecatrónicos.

CE10
Capacidade para o desenvolvemento de sistemas mecatrónicos conforme aos criterios de desenvolvemento sustentable e eficiencia enerxética.