Coordinación do título

José Ignacio Armesto Quiroga


master.mecatronica@uvigo.es
Contacto

 

Comisión académica

O Regulamento de Estudos de Mestrado da Universidade de Vigo, aprobado polo Consello de Goberno o 26 de maio de 2025 regula a composición e funcións da Comisións Académicas de Máster (CAM).

O/a coordinador/a do título será a persoa responsable de liderar o mestrado. Deberá ser un/unha docente doutor/a, con dedicación a tempo completo e docencia no título.

Composición

A composición da CAM será aprobada polo centro. A coordinación do máster enviará ao centro responsable a proposta de membros da mesma para a súa aprobación en Xunta de centro. A CAM estará presidida pola coordinación do máster.

A composición actual da Comisión Académica do Máster en Mecatrónica é:

 

Funcións

Son funcións da Comisión Académica:

  • Elaborar, e no seu caso, modificar o regulamento de réxime interno da propia comisión, o cal deberá ser remitido á Comisión de Organización Académica e Profesorado para a súa aprobación
  • Realizar a proposta do coordinador/a do título
  • Seleccionar os/as estudantes admitidos no programa
  • Emitir informe para o recoñecemento de créditos conforme á normativa da Universidade de Vigo.
  • Elaborar o POD/PDA do máster no prazo establecido pola universidade, segundo a súa normativa.
  • Aprobar a distribución do orzamento asignado ao máster.
  • Velar polo cumprimento do proxecto de título formulado na memoria de verificación.
  • Velar polo cumprimento no título do sistema de garantía de calidade do centro responsable.
  • Formular propostas para a organización académica do título.
  • Elaborar e propoñer as guías docentes da titulación segundo o
    procedemento e prazos establecidos pola Universidade e o centro de adscrición.
  • Calquera outra asignada polo regulamento de réxime interno ou o sistema de garantía de calidade do centro.