Como requisito indispensable para a obtención do título de Máster en Mecatrónica, o estudantado deberá realizar un Traballo de Fin de Mestrado no que deberá desenvolver as competencias e capacidades adquiridas ao longo da titulación.

A realización e superación do Traballo de Fin de Mestrado posúe un recoñecemento académico de 6 créditos ECTS.

 

Traballo Fin de Máster

Normativa

 

Asignación do TFM

Para a asignación do Traballo Fin de Máster ofrécense as seguintes modalidades:

  1. Desenvolvemento do TFM en empresas
    Lévanse a cabo en empresas que ofrecen prácticas curriculares para o estudantado do mestrado. Neste caso, o estudantado terá un titor/a de empresa e un titor/a académico/a. Nos últimos anos realizáronse traballos fin de mestrado en empresas como: Industrias Ferri, FABRX ARTIFICIAL INTELLIGENCE, GKN Driveline, Revsa, Esypro, Adinse, etc. Cada estudante pode solicitar o traballo que lle interese á coordinación do mestrado.
  2. TFMs ofertados polo profesorado do máster
    O profesorado do máster, a través da coordinación, poderá ofertar unha serie de temas para a realización do TFM. O estudantado pode solicitar o traballo que lle interese á coordinación. Esta modalidade non sempre estará dispoñible.

    Oferta de TFM (documento actualizado ata o curso 2019/20. A partir do curso seguinte a oferta realízase a través da secretaría virtual).

  3. TFMs propostos polo estudantado
    O estudantado poderá propoñer á coordinación un tema de realización do Traballo Fin de Mestrado sobre a materia do seu interese. Para iso deberán buscar un profesor/a do mestrado que faga os labores de titor/a e que autorice dita proposta.

En calquera das modalidades, o estudantado débese pór en contacto cun profesor do mestrado, que será o seu titor de TFM, para que este lle asigne unha proposta de traballo na Secretaría Virtual.

O titor será o encargado da asignación das súas propostas de TFM ao estudantado. No caso de que varios estudantes opten ao mesmo TFM, poderá terse en conta o expediente académico para realizar a asignación.

A CAM, tras comprobar as solicitudes, será a encargada de validar as propostas e a asignación definitiva dos TFMs.

Calendario de defensa do TFM

Convocatoria Solicitude defensa Defensa
Adiantada (xaneiro) 11/01/2027 a
22/01/2027
28/01/2027
Primeiro prazo (xuño) 11/06/2027 a
25/06/2027
1/07/2027
2/07/2027
Segundo prazo (xullo) 3/07/2027 a
15/07/2027
22/07/2027
23/07/2027
Terceiro prazo (setembro) 26/08/2027 a
01/09/2027
07/09/2027
08/09/2027

Consulta o calendario do TFM do curso 2026/27.

En cada curso existen tres prazos para a presentación do TFM, en xuño, xullo e en setembro, que están especificados no calendario do mestrado. Cada unha leva asociada uns prazos de solicitude de defensa e unha data de lectura ou presentación do TFM.

A solicitude de defensa realízase dende a plataforma Sigma (portal académico). Antes da finalización do prazo da solicitude, o estudantado debe entregar á coordinación do mestrado o informe do director. A memoria entregarase en formato dixital a semana anterior á defensa.

A defensa do TFM terá lugar ante un tribunal formado por polo menos tres profesores pertencentes á Comisión Académica do Mestrado. O tribunal valorará o grao de dificultade do proxecto, o traballo realizado polo estudante, así como a calidade da memoria e da presentación.

Empregarase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003 de 5 de setembro, BOE de 18 de setembro).

Cursos anteriores

Listaxes de TFM defendidos
Listaxes de TFM defendidos 2013-2026