Como requisito indispensable para a obtención do título de Máster en Mecatrónica, o estudantado deberá realizar un Traballo de Fin de Máster no que deberá desenvolver as competencias e capacidades adquiridas ao longo da titulación.
A realización e superación do Traballo de Fin de Máster posúe un recoñecemento académico de 6 créditos ECTS.
Traballo Fin de Máster
Normativa
Asignación do TFM
Para a asignación do Traballo Fin de Máster ofrécense as seguintes modalidades:
- Desenvolvemento do TFM en empresas
Cada ano ofértase unha relación de temas de TFM a desenvolver en empresas que ofrecen prácticas curriculares para o estudantado do máster. Neste caso, o estudantado terá un titor/a de empresa e un titor/a académico/a. Nos últimos anos realizáronse traballos fin de máster en empresas como: GKN Driveline, Grupo PSA, Revsa, Esypro, Adinse, etc. Cada estudante pode solicitar o traballo que lle interese á coordinación do máster - TFMs ofertados polo profesorado do máster
O profesorado do máster, a través da coordinación, oferta cada curso unha serie de temas para a realización do TFM. Dende o curso 2020/21 a oferta de TFMs do profesorado realízase a través da secretaría virtual.
Oferta de TFM (documento actualizado ata o curso 2019/20. A partir do curso seguinte a oferta realízase a través da secretaría virtual). - TFMs propostos polo estudantado
O estudantado poderá propoñer á coordinación un tema de realización do Traballo Fin de Máster sobre a materia do seu interese. Para iso deberán buscar un profesor/a do máster que faga os labores de titor/a e que autorice dita proposta
En calquera das modalidades, o estudantado débese pór en contacto cun profesor do mestrado, que será o seu titor de TFM, para que este lle asigne unha proposta de traballo na Secretaría Virtual.
O titor será o encargado da asignación das súas propostas de TFM ao estudantado. No caso de que varios estudantes opten ao mesmo TFM, poderá terse en conta o expediente académico para realizar a asignación.
Trala asignación dunha proposta de TFM, o alumno ten que facer a solicitude de TFM na Secretaría Virtual, indicando: Resumo, obxectivos, infraestruturas necesarias, duración aproximada e bibliografía.
A CAM, tras comprobar as solicitudes, será a encargada de validar as propostas e a asignación definitiva dos TFMs.
Calendario de defensa do TFM
Convocatoria | Solicitude defensa | Defensa |
---|---|---|
Adiantada (xaneiro) | 06/01/2025 a 17/01/2025 |
23/01/2025 |
Primeiro prazo (xuño) | 02/06/2025 a 13/06/2025 |
19/06/2025 20/06/2025 |
Segundo prazo (xullo) | 30/06/2025 a 11/07/2025 |
17/07/2025 18/07/2025 |
Terceiro prazo (setembro) | 27/08/2025 a 05/09/2025 |
11/09/2025 12/09/2025 |
Consulta o calendario do TFM do curso 2024/25.
En cada curso existen tres convocatorias ordinarias para a presentación do TFM, en xuño, xullo e en setembro, que están especificadas no calendario do máster. Cada unha leva asociada uns prazos de solicitude de TFM, solicitude de defensa e finalmente unha data de lectura ou presentación do TFM.
Con polo menos unha semana de antelación á data de lectura prevista, o estudantado debe entregar á coordinación do máster o formulario de Solicitude de lectura/Informe do Director/a xunto coa memoria do TFM en papel e unha copia en PDF.
A defensa do TFM terá lugar ante un tribunal formado por polo menos tres profesores pertencentes á Comisión Académica do Máster. O tribunal valorará o grao de dificultade do proxecto, o traballo realizado polo estudante, así como a calidade da memoria e da presentación.
Empregarase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003 de 5 de setembro, BOE de 18 de setembro).
Cursos anteriores
Listaxes de TFM defendidos
Listaxes de TFM defendidos 2013-2024