Debido ao carácter profesionalizante deste máster, o seu plan de estudos inclúe unha materia denominada Prácticas externas de 3 créditos ECTS

Tendo en conta que dentro do estudantado pode existir xente laboralmente activa, decidiuse enfocar as prácticas externas como unha materia optativa, para que desta forma poida ser cursada ou non en función do perfil do estudante e do aproveitamento que obtería destas prácticas.

A realización das devanditas prácticas curriculares nunca supoñerá incompatibilidade coa docencia pois esta estará programada nos últimos días da semana, quedando o resto para o cumprimento de horas prácticas.

Desde a primeira edición do máster ata a actualidade, o número de estudantes que realizaron práctica en empresa é o seguinte:

  • 2012/2013: 8 estudantes
  • 2013/2014: 14 estudantes
  • 2014/2015: 9 estudantes
  • 2015/2016: 13 estudantes
  • 2016/2017: 11 estudantes
  • 2017/2018: 8 estudantes
  • 2018/2019: 5 estudantes
  • 2019/2020: 11 estudantes
  • 2020/2021: 8 estudantes
  • 2021/2022: 10 estudantes
  • 2022/2023: 5 estudantes

 

Avance de centros de prácticas

Son, ata a data, máis de 30 as empresas nas que o estudantado do máster realizou prácticas curriculares. Todos os anos, a coordinación do máster persegue activamente a incorporación de novas empresas. Para iso apoiase en:

  • O asesoramento da Área de Emprego da Universidade de Vigo
  • A colaboración da Subdirectora de Relacións Exteriores da Escola de Enxeñaría Industrial
  • O Sistema de Garantía de Calidade do Centro, en concreto no procedemento DO-0204 P1 “Xestión das prácticas académicas externas”

A Fundación Universidade de Vigo é a entidade que xestiona as prácticas extracurriculares que o estudantado da Universidade de Vigo realiza en empresas, en base aos convenios de cooperación educativa que aquela ten establecidos con estas. Na actualidade, a Fundación Universidade de Vigo xestiona máis de 1600 convenios con empresas, das cales máis de 700 ofreceron ofrecen prácticas a estudantado do ámbito tecnolóxico. Aínda que a xestión das prácticas curriculares é competencia da coordinación dos másteres, a Fundación Universidade de Vigo colaborara de cara a facilitar e promover a realización de prácticas externas curriculares en empresas –de sectores afíns- coas que xa exista un convenio en vigor.

 

Normativa

Para o desenvolvemento da materia de Prácticas externas do máster, será de aplicación a normativa xeral da Universidade de Vigo, concretamente no seu apartado de prácticas curriculares.

Ligazóns de interese:

 

Procedemento de asignación das prácticas

Cada curso académico, o máster fará pública unha relación de empresas para a realización das prácticas curriculares, na que figura o nome da empresa e o titor/a académico/a proposto/a.

As prácticas externas terán unha duración de 75 horas, equivalentes aos 3 créditos dos que consta esta materia optativa. Poderán ampliarse por un período máximo de 165 horas de prácticas extracurriculares.

O estudantado poderá solicitar a empresa que lle interese á coordinación do máster. Para iso deberá entregar unha Ficha de Solicitude de Prácticas Externas debidamente cumprimentada xunto co seu curriculum vitae e expediente académico.

Nos casos nos que un estudante, de acordo coa empresa, desexe propoñer a realización de prácticas externas na mesma e esta non figure na relación ofertada (pero si asinase un convenio de cooperación educativa coa Universidade de Vigo) deberá notificalo á coordinación do máster. Se os coordinadores de prácticas consideran que a empresa se axusta ao perfil de contidos do máster, aceptarase a proposta e o estudante poderá realizar as prácticas na devandita empresa, que se incluirá na relación de empresas nos próximos cursos.

O número de prazas ofertadas nesta materia é limitado. No caso de que o número de estudantes que solicitan prácticas curriculares sexa superior ás prazas ofertadas, aqueles estudantes que non as poidan realizar terán que modificar a súa matrícula nesta materia por unha das optativas dos catro bloques ofertados no segundo cuadrimestre.

A selección das persoas candidatas será realizada pola CAM, en colaboración coas empresas, atendendo á súa curriculum vitae e/ou expediente académico.

Cada estudante terá asignado un/ha titor/a na empresa que lle guiará, apoiará e orientará no desenvolvemento das prácticas, e un titor/a académico/a (normalmente o proposto na listaxe) que coordinará e velará pola adecuada realización das prácticas.

A avaliación das prácticas realizarase a partir do informe de valoración do titor/a da empresa, do titor/a académico/a e do propio estudante.

Como calquera outra parte do programa, as prácticas poden validarse acreditando unha formación equivalente en contido e créditos.