Acto de apertura curso 2025/26

Este próximo venres 12 de setembro terá lugar o acto de apertura correspondente ao curso 2025/26 do Máster en Mecatrónica, na aula 15 da EEI – Sede Campus, a partir das 16:00 horas.

Haberá unha presentación por parte de diversas empresas (CTAG, Finsa, Distevi…)

Trala presentación por parte das empresas, a coordinación do mestrado dará información sobre o funcionamento do mesmo, tanto desde o punto de vista docente coma administrativo e resolverá calquera tipo de dúbida relativa á matrícula, prácticas externas e o TFM.

O acceso é libre ata completar aforo.