Xornada de acollida 2026/2027
A xornada de acollida do curso académico 2026/2027 terá lugar o venres 11 de setembro de 2026.
O máster realiza esta xornada inaugural para acoller ao novo estudantado do título, contando coa participación das empresas colaboradoras.
Nela preténdese dar unha visión xeral do funcionamento e os contidos do título, informando concretamente sobre:
- As prácticas externas.
- O Traballo Fin de Máster.
- Os servizos da Universidade de Vigo.
