Coordinación do título
José Ignacio Armesto Quiroga
Comisión académica
O Regulamento de Estudos de Mestrado da Universidade de Vigo, aprobado polo Consello de Goberno o 26 de maio de 2025 regula a composición e funcións da Comisións Académicas de Máster (CAM).
O/a coordinador/a do título será a persoa responsable de liderar o mestrado. Deberá ser un/unha docente doutor/a, con dedicación a tempo completo e docencia no título.
Composición
A composición da CAM será aprobada polo centro. A coordinación do máster enviará ao centro responsable a proposta de membros da mesma para a súa aprobación en Xunta de centro. A CAM estará presidida pola coordinación do máster.
A composición actual da Comisión Académica do Máster en Mecatrónica é:
- José Ignacio Armesto Quiroga (Presidente da Comisión)
- Ángel Fernández Vilán (Secretario)
- Enrique Paz Domonte (Representante da Comisión de Garantía de Calidade)
- Juan Saez López (Vogal)
- Jose Fariña Rodríguez (Vogal)
- Marcos López Lago (Vogal)
- Enrique Casarejos Ruiz (Vogal)
Funcións
Son funcións da Comisión Académica:
- Elaborar, e no seu caso, modificar o regulamento de réxime interno da propia comisión, o cal deberá ser remitido á Comisión de Organización Académica e Profesorado para a súa aprobación
- Realizar a proposta do coordinador/a do título
- Seleccionar os/as estudantes admitidos no programa
- Emitir informe para o recoñecemento de créditos conforme á normativa da Universidade de Vigo.
- Elaborar o POD/PDA do máster no prazo establecido pola universidade, segundo a súa normativa.
- Aprobar a distribución do orzamento asignado ao máster.
- Velar polo cumprimento do proxecto de título formulado na memoria de verificación.
- Velar polo cumprimento no título do sistema de garantía de calidade do centro responsable.
- Formular propostas para a organización académica do título.
- Elaborar e propoñer as guías docentes da titulación segundo o
procedemento e prazos establecidos pola Universidade e o centro de adscrición. - Calquera outra asignada polo regulamento de réxime interno ou o sistema de garantía de calidade do centro.
