No título e no centro
Xornada de acollida
O máster realiza unha xornada, previa ao comezo das clases, de acollida e orientación ao novo estudantado, na que se pretende dar unha visión xeral do funcionamento e os contidos do título e onde se informa sobre os servizos da Universidade de Vigo.
Plan de Acción Titorial
O Plan de acción titorial (PAT) da EEI configúrase como o instrumento a través do cal se deseña o contido e a execución das distintas accións relativas á titoría universitaria para as titulacións de grao e máster do centro. Préstaselle unha especial atención ao estudantado de novo ingreso, de cara a favorecer a súa integración na vida universitaria e a atender as súas necesidades formativas e informativas, e ao que está rematando os seus estudos.
Na Universidade de Vigo
A Universidade de Vigo conta cos seguintes sistemas de apoio e orientación do estudantado unha vez matriculado:
A Unidade de Atención ao Estudantado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (Unaten) é unha unidade que se adica á organización, xestión e control dos recursos, da información e das actividades de asistencia ao estudantado con necesidades específicas de apoio educativo.
Preténdese cumprir os seguintes obxectivos:
- Asesorar e informar dos recursos dos que dispón a Universidade de Vigo en materia de atención á diversidade e da forma de acceder a eles
- Elaborar e manter actualizado o censo de estudantado con necesidades educativas de apoio educativo
- Informar e asesorar ao profesorado e ao persoal dos servizos implicados con este colectivo
- Propoñer acordos de colaboración con outras institucións que faciliten o desenvolvemento de actuacións conxuntas de atención a este colectivo
- Sensibilizar á comunidade universitaria sobre a situación deste colectivo e garantir o seu acceso á información e á comunicación dentro da Universidade de Vigo
Visita a páxina web da UNATEN
O Programa de Apoio á Integración do Alumnado con Necesidades Especiais (PIUNE) foi deseñado para facilitar a súa vida académica e garantir o seu dereito ao estudo.
Visita a páxina web do PIUNE
Os obxectivos deste servizo son:
- Informar e orientar ao futuro estudantado universitario sobre:
- O acceso á universidade, notas de corte, vinculacións dos estudos medios cos universitarios, pasarelas, etc…
- A oferta educativa da Universidade de Vigo e outras universidades nacionais
- Informar tanto ao actual estudantado universitario, como ao que xa rematou a súa carreira sobre:
- Todo o que a Universidade de Vigo ofrece durante a súa permanencia na mesma
- As posibilidades de formación unha vez rematada a carreira (masteres e cursos de especialización, outros cursos, xornadas, premios, congresos…) e tamén bolsas ou axudas convocadas por institucións externas á Universidade de Vigo
Visita a páxina web do SIE
Atópase dotada de persoal técnico que traballa para:
- Proporcionar un servizo integral de información, asesoramento e formación no ámbito da orientación profesional para o emprego
- Fomentar as oportunidades de achegamento á práctica e ao exercicio profesional do estudantado
- As principais áreas de actuación son:
- Xestión de prácticas en empresas e institucións públicas e privadas
- Xestión de ofertas de emprego
- Orientación e asesoramento individualizado na busca de emprego
- Formación para o emprego
Visita a páxina web da Fundación Universidade de Vigo
As principais áreas de actuación son:
- Xestión de prácticas preprofesionais en empresas e institucións públicas e privadas
- Xestión de ofertas de emprego
- Asesoramento personalizado para a elaboración do itinerario profesional axustado a cada perfil
- Orientación e asesoramento individualizado na busca de emprego
- Accións en grupo para a busca activa de emprego
- Información e asesoramento a empresas e institucións na busca do perfil universitario axustado para cubrir prácticas/postos de traballo
- Deseño e implementación de estudos sobre diversos temas que afecten ao mercado laboral e á inserción laboral do estudantado
Visita a páxina web da Área de Emprego
Leva a cabo, entre outras, as seguintes actividades:
- Información e asesoramento á comunidade universitaria sobre os diferentes programas internacionais no ámbito da educación superior
- Fomento e xestión da mobilidade de estudantado e profesorado propio e estranxeiro, en especial no marco dos programas Sócrates, ISEP, bolsas MAE e programas de cooperación da Universidade de Vigo.
- Con respecto ao estudantado da Universidade de Vigo proporciona: asesoramento ás persoas seleccionadas con estes programas sobre a documentación que deben presentar, información sobre a contía das bolsas e posibles axudas complementarias, así como sobre as xestións que teñen que realizar coas universidades de destino
- Con respecto ao profesorado da Universidade de Vigo, a ORI facilita información sobre os programas de intercambio de docencia e programas de cooperación internacional
- Con respecto ao estudantado estranxeiro, xestiona a aceptación do que participa nun programa de intercambio, elabora a Guía do estudantado estranxeiro e envía os paquetes informativos sobre a Universidade de Vigo, con información sobre os diferentes campus e cidades, recepción, visados, viaxe, busca de aloxamento, matrícula e posibilidades de estudos en colaboración cos responsables de relacións internacionais
- Elaboración e negociación de acordos de cooperación internacional
- Asegura a presenza da Universidade de Vigo en foros e encontros de educación internacionais
Visita a páxina web da Oficina de Relacións Internacionais (ORI)
A Universidade de Vigo ten como prioridade, en liña coa Axenda 2030, favorecer a cultura do respecto, da igualdade e da inclusión, garantindo que todas as persoas que conforman a nosa comunidade poidan desenvolver a súa actividade académica e laboral con dignidade e nun espazo libre de violencias de xénero e de máximo respecto dos dereitos humanos.
A Unidade de Igualdade dispón dos seguintes recursos:
Visita a páxina web da Unidade de Igualdade