Perfil de ingreso
O perfil de ingreso recomendado para o Máster Universitario en Mecatrónica é:
- Enxeñeiro Industrial (todas as orientacións)
- Enxeñeiro en Automática e Electrónica Industrial
- Enxeñeiro Técnico Industrial
- Graos do ámbito da enxeñaría industrial
O estudantado estranxeiro deberá solicitar na Universidade de Vigo a equivalencia do seu título para poder optar a matricularse e ter acceso, no seu caso, ao título correspondente aos estudos de máster.
O procedemento documentado para a selección, admisión e matriculación de estudantes aparece recollido no AC-0104 P1 do Sistema de Garantía de Calidade do centro.
Tendo en conta a normativa vixente, a comisión académica establece os seguintes requisitos de admisión:
Considérase que as seguintes titulacións inclúen as capacidades e coñecementos previos necesarios para comezar os estudos deste máster:
- Enxeñeiro Industrial (todas as orientacións)
- Enxeñeiro en Automática e Electrónica Industrial
- Enxeñeiro Técnico Industrial
- Graos do ámbito da enxeñaría industrial
Poderán tamén ser admitidos no máster candidatos doutras titulacións relacionadas se, a criterio da comisión académica, acreditan superar un número de créditos equivalente a algunha das anteriores titulacións nos seguintes ámbitos de coñecemento: Automática, Mecánica, Electrónica e Informática así como os Fundamentos Físicos (Electricidade e Mecánica) e Fundamentos Matemáticos.
Para valorar o nivel das capacidades e coñecementos previos, establecerase unha escala de puntuación para os seguintes aspectos que cada persoa candidata irá acumulando segundo o seu perfil.
- Titulación previa do candidato: ata 40 puntos, coa seguinte orde de preferencia:
- Enxeñeiro Industrial da orientación ou titulación en Automática e Electrónica ou Enxeñeiro Industrial da orientación Mecánica
- Resto de Enxeñeiros (superiores, enténdese con 2º ciclo)
- Enxeñeiros técnicos industriais ou Graos do ámbito da enxeñaría industrial, de calquera especialidade
- Outras titulacións que inclúan no seu programa académico un número de créditos equivalente a algunha das anteriores titulacións nos seguintes ámbitos de coñecemento: Automática, Mecánica, Electrónica e Informática así como os Fundamentos Físicos (Electricidade e Mecánica) e Fundamentos Matemáticos
- Expediente académico: ata 20 puntos
- Experiencia profesional no ámbito da mecatrónica (automática, mecánica, electrónica): ata 30 puntos
- Outros méritos do currículo vitae: ata 5 puntos
- Entrevista persoal: ata 5 puntos
Os resultados do proceso de admisión poderán ser reclamados ante a Comisión Académica do máster.
Para máis información sobre a matrícula así como para consultar as listaxes de persoas admitidas e excluídas consulta a web da Escola.
Condicións ou probas de acceso especiais
Non se establecen criterios específicos de acceso á titulación. Así mesmo, tampouco se considera necesaria a realización de ningunha proba de acceso especial á mesma. Deste xeito, todo estudante que superase os requisitos de acceso a titulacións de máster establecidos pola lexislación vixente e, de acordo cos mecanismos establecidos pola propia Universidade de Vigo e a Comisión Académica do máster, terá acceso directo á titulación.