Este próximo venres 13 de setembro terá lugar o acto de apertura correspondente ao curso 2024/25 do Máster en Mecatrónica, na aula 15 da EEI – Sede Campus, a partir das 16:00 horas.
Haberá unha presentación por parte de diversas empresas (CTAG, Finsa, Distevi…)
Trala presentación por parte das empresas, a coordinación do mestrado dará información sobre o funcionamento do mesmo, tanto desde o punto de vista docente coma administrativo e resolverá calquera tipo de dúbida relativa á matrícula, prácticas externas e o TFM.
O acceso é libre ata completar aforo.