

{"id":1681,"date":"2019-05-29T10:57:21","date_gmt":"2019-05-29T08:57:21","guid":{"rendered":"http:\/\/masteravogacia.webs7.uvigo.es\/?page_id=1681"},"modified":"2026-07-06T19:09:22","modified_gmt":"2026-07-06T17:09:22","slug":"xustificacion","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/mecatronica.uvigo.es\/gl\/informacion\/xustificacion\/","title":{"rendered":"Xustificaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<h3>Xustificaci\u00f3n acad\u00e9mica, cient\u00edfica e profesional<\/h3>\n<p><!--A Mecatr\u00f3nica, como disciplina emerxente, abre enormes posibilidades tecnol\u00f3xicas que se fixeron evidentes na \u00faltima d\u00e9cada coa aparici\u00f3n dun grande n\u00famero de sofisticados produtos e sistemas que requiren da s\u00faa exhaustiva aplicaci\u00f3n (coma, por exemplo, un sat\u00e9lite ou un marcapasos). Estes nunca existir\u00edan da simple adopci\u00f3n dunha \u00fanica disciplina ou mediante enfoques tradicionais combinados. Unha simple avaliaci\u00f3n de sectores de interese nos campos da industria do autom\u00f3bil, aeroespacial, naval, fabricaci\u00f3n, electr\u00f3nica, rob\u00f3tica, biotecnolox\u00eda, etc., mostra o importante interese cient\u00edfico e estrat\u00e9xico desta proposta.\n\nEste tipo de soluci\u00f3ns de enxe\u00f1ar\u00eda requiren o uso de equipos integrados de enxe\u00f1eiros que traballen cara a unha meta com\u00fan. O enxe\u00f1eiro en Mecatr\u00f3nica identif\u00edcase cunha sistem\u00e1tica, pretende optimizar unha \"soluci\u00f3n de enxe\u00f1ar\u00eda\", na cal a calidade do produto final est\u00e1 impl\u00edcita na forma en que se buscan as soluci\u00f3ns, e as metodolox\u00edas utilizadas para a s\u00faa realizaci\u00f3n.\n\nO M\u00e1ster en Mecatr\u00f3nica \u00e9 unha clara v\u00eda para a continuaci\u00f3n dos estudos de grao de enxe\u00f1ar\u00eda mec\u00e1nica, enxe\u00f1ar\u00eda electr\u00f3nica industrial e autom\u00e1tica. Tendo en conta o elevado grao de colocaci\u00f3n das persoas tituladas formadas na Escola de Enxe\u00f1ar\u00eda Industrial de Vigo na econom\u00eda galega, p\u00f3dese extrapolar que os futuros egresados do M\u00e1ster en Mecatr\u00f3nica cubrir\u00e1n un importante oco de demanda, acentuado pola transformaci\u00f3n dos plans de estudo de enxe\u00f1ar\u00eda industrial. De todo iso pode conclu\u00edrse que, polos seus contidos e orientaci\u00f3n, o \u201cM\u00e1ster Universitario en Mecatr\u00f3nica\u201d presenta sen d\u00fabida un interese significativo para a industria da nosa zona.--><\/p>\n<p>A Mecatr\u00f3nica \u00e9 unha disciplina que integra mec\u00e1nica, electr\u00f3nica, inform\u00e1tica e control autom\u00e1tico para desenvolver sistemas intelixentes capaces de responder aos retos da industria actual. A s\u00faa importancia medrou de forma exponencial nos \u00faltimos anos grazas \u00e1 aparici\u00f3n de produtos e soluci\u00f3ns tecnol\u00f3xicas altamente sofisticadas, como robots industriais, veh\u00edculos aut\u00f3nomos, sat\u00e9lites, dispositivos m\u00e9dicos ou sistemas de fabricaci\u00f3n avanzada, que s\u00f3 son posibles mediante a integraci\u00f3n destas disciplinas.<\/p>\n<p>O M\u00e1ster Universitario en Mecatr\u00f3nica da Universidade de Vigo ofrece unha formaci\u00f3n avanzada orientada ao dese\u00f1o, desenvolvemento, integraci\u00f3n e control deste tipo de sistemas. Cun enfoque multidisciplinar e eminentemente pr\u00e1ctico, prepara profesionais capaces de liderar proxectos de innovaci\u00f3n tecnol\u00f3xica en \u00e1mbitos como a automatizaci\u00f3n industrial, a rob\u00f3tica, a automoci\u00f3n, a industria aeroespacial, a fabricaci\u00f3n intelixente ou a biotecnolox\u00eda.<\/p>\n<p>Ao longo do programa, o estudantado adquire unha s\u00f3lida base cient\u00edfica e t\u00e9cnica, complementada con competencias en simulaci\u00f3n, sistemas embebidos, sensores e actuadores, control de procesos e integraci\u00f3n de sistemas. A formaci\u00f3n compl\u00e9tase mediante proxectos, pr\u00e1cticas en empresa e traballo colaborativo, favorecendo unha visi\u00f3n global da enxe\u00f1ar\u00eda e o desenvolvemento de soluci\u00f3ns eficientes, innovadoras e de alta calidade.<\/p>\n<p>O mestrado est\u00e1 dirixido a titulados e tituladas en enxe\u00f1ar\u00eda e disciplinas af\u00edns e constit\u00fae a continuaci\u00f3n natural dos estudos en Enxe\u00f1ar\u00eda Mec\u00e1nica, Enxe\u00f1ar\u00eda Electr\u00f3nica Industrial e Autom\u00e1tica, as\u00ed como doutras titulaci\u00f3ns relacionadas. Ademais de proporcionar unha especializaci\u00f3n altamente valorada polo tecido empresarial, ofrece unha excelente preparaci\u00f3n para a investigaci\u00f3n e o desenvolvemento tecnol\u00f3xico.<\/p>\n<p>A elevada empregabilidade das persoas tituladas da Escola de Enxe\u00f1ar\u00eda Industrial da Universidade de Vigo, unida \u00e1 crecente demanda de perf\u00eds especializados na transformaci\u00f3n dixital e na Industria 4.0, converte este mestrado nunha opci\u00f3n formativa con amplas oportunidades profesionais. Pola s\u00faa orientaci\u00f3n pr\u00e1ctica, o seu car\u00e1cter multidisciplinar e a s\u00faa estreita conexi\u00f3n coa industria, o M\u00e1ster Universitario en Mecatr\u00f3nica responde \u00e1s necesidades actuais e futuras dun sector en continua evoluci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>Referentes externos \u00e1 universidade<\/h3>\n<p>Nacionais:<\/p>\n<ul class=\"list-peak\" style=\"margin-top: 10px;\">\n<li><a href=\"http:\/\/mim.dieecs.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">M\u00e1ster Universitario en Enxe\u00f1ar\u00eda Mecatr\u00f3nica<\/a> (Universidade de Oviedo)<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/www.uma.es\/doctorado-mecatronica\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Programa de Doutoramento en Enxe\u00f1ar\u00eda Mecatr\u00f3nica<\/a> (Universidade de M\u00e1laga)<\/li>\n<li>Programa de Doutoramento en Enxe\u00f1ar\u00eda Mecatr\u00f3nica (Universidade de Castela a Mancha)<\/li>\n<\/ul>\n<p>Internacionais:<\/p>\n<ul class=\"list-peak\" style=\"margin-top: 10px;\">\n<li><a href=\"https:\/\/www.utwente.nl\/en\/education\/master\/programmes\/robotics\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Master in Robotics<\/a> (University of Twente)<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/www.uni-stuttgart.de\/en\/study\/study-programs\/Mechatronics-B.Sc-00001.\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">BSc in Mechatronics<\/a> and <a href=\"https:\/\/www.uni-stuttgart.de\/en\/study\/study-programs\/Mechatronics-M.Sc-00001.\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">MSc in Mechatronics<\/a> (University of Stuttgart)<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/tu-dresden.de\/studium\/vor-dem-studium\/studienangebot\/sins\/sins_studiengang?autoid=295\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Bachelor\u00b4s Degree in Mechatronics<\/a> (University of Dresden)<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/www.vutbr.cz\/en\/students\/programmes\/branch\/13095\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Bachelor\u00b4s Degree in Mechatronics<\/a> and <a href=\"https:\/\/www.vutbr.cz\/en\/students\/programmes\/branch\/13115\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">MSc in Mechatronics<\/a> (Brno University of Technology)<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/www.tuhh.de\/alt\/tuhh\/education\/degree-courses\/international-study-programs\/mechatronics.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Master in Mechatronics<\/a> (Hamburg Institute of Technology)<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/www.mw.tum.de\/en\/studies\/prospective-students\/master-mechatronics-and-robotics\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Master in Mechatronics and Robotics<\/a> (Technical University of Munich)<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/www.kcl.ac.uk\/study\/postgraduate\/taught-courses\/robotics-msc\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Master of Science in Robotics<\/a> (King\u00b4s College London)<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/www.ncl.ac.uk\/postgraduate\/courses\/degrees\/mechatronics-msc\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Master of Science in Mechatronics<\/a> (Newcastle University)<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/www.sdu.dk\/en\/beng-mechatronics\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">BEng in Mechatronics<\/a> and <a href=\"https:\/\/www.sdu.dk\/en\/msc-mechatronics\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">MSc in Mechatronics<\/a> (University of Southern Denmark)<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/study.unimelb.edu.au\/find\/courses\/graduate\/master-of-engineering-mechatronics\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Master of Engineering (Mechatronics)<\/a> (University of Melbourne)<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>Descrici\u00f3n dos procedementos de consulta empregados<\/h3>\n<p>A proposta deste m\u00e1ster revisouse en base \u00e1 <a href=\"https:\/\/secretaria.uvigo.gal\/uv\/web\/normativa\/public\/show\/344\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">normativa<\/a> en relaci\u00f3n ao dese\u00f1o de t\u00edtulos universitarios oficiais de posgrao, elaborado pola <a title=\"vice_prof\" href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/goberno-uvigo\/equipo-goberno\/vicerreitoria-ordenacion-academica-profesorado\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Vicerreitor\u00eda de Ordenaci\u00f3n Acad\u00e9mica e Profesorado<\/a> da UVigo.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n se traballou no dese\u00f1o do t\u00edtulo co marco proporcionado polos seguintes documentos (ind\u00edcanse s\u00f3 os que se consideran m\u00e1is relevantes):<\/p>\n<ul class=\"list-peak\" style=\"margin-top: 10px;\">\n<li>Li\u00f1as xerais para a implantaci\u00f3n de estudos de grao e posgrao no Sistema Universitario de Galicia<\/li>\n<li>Gu\u00eda de apoio da ANECA en relaci\u00f3n ao proceso de VERIFICACI\u00d3N<\/li>\n<li>Protocolo de avaliaci\u00f3n da ANECA en relaci\u00f3n ao proceso de VERIFICACI\u00d3N de t\u00edtulos oficiais<\/li>\n<\/ul>\n<p>Tiv\u00e9ronse en conta tam\u00e9n os proxectos e convenios de colaboraci\u00f3n asinados con universidades e empresas do sector.<\/p>\n<p>Por outra banda, considerouse importante revisar a oferta de t\u00edtulos de m\u00e1ster actual e futura desta universidade ao obxecto de integrar o co\u00f1ecemento que achega este m\u00e1ster no conxunto para ofrecer unha formaci\u00f3n nova e complementaria ao existente e previsto. De igual modo, t\u00edvose en conta as directrices emanadas do centro no que se organiza e impartirase este m\u00e1ster, a <a title=\"eei\" href=\"http:\/\/eei.uvigo.es\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Escola de Enxe\u00f1ar\u00eda Industrial<\/a> de Vigo.<\/p>\n<p>Entrouse en contacto con doutores da Karlsruhe University of Applied Sciences (Universidade coordinadora do M\u00e1ster europeo \u201cErasmus Mundus\u201d en Mecatr\u00f3nica e Micromecatr\u00f3nica), Technical University of Munich (Universidade coordinadora do proxecto Europeo \u201cIntercultural Excellence in Mechatronic Engineering Education), University of Melbourne, RMIT University, Universit\u00e0 degli Studi dei Napoli Federico II, Universidade de Coimbra e as Escolas de Enxe\u00f1eiros Industriais da Universidade de Oviedo, da Universidade de M\u00e1laga e da Universidade de Sevilla, onde se imparten titulaci\u00f3ns de m\u00e1ster oficiais relacionadas coa Mecatr\u00f3nica.<\/p>\n<p>As s\u00faas achegas a esta proposta de m\u00e1ster, desde a experiencia das titulaci\u00f3ns nas s\u00faas respectivas universidades, foron enriquecedoras tanto en canto a contidos, dado que lideran proxectos de investigaci\u00f3n en Europa e Espa\u00f1a tan interesantes para esta disciplina, como en canto \u00e1 coordinaci\u00f3n co resto de materias.<\/p>\n<p>Desde o \u00e1mbito empresarial ven contando coa colaboraci\u00f3n dun nutrido n\u00famero de profesionais de prestixiosas empresas que participan habitualmente (desde o ano 2004) en seminarios, ciclos de conferencias e xornadas relacionadas coa Mecatr\u00f3nica e achegaron o seu punto de vista en relaci\u00f3n aos contidos deste m\u00e1ster eminentemente profesionalizante.<\/p>\n<p>O centro conta cun <a title=\"SGIC_EEI\" href=\"https:\/\/eei.uvigo.es\/gl\/escola\/calidade\/sistema-de-garantia-interna-da-calidade-sgic\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">SGIC<\/a> no que se recolle toda a informaci\u00f3n e procedementos asociados coa &#8216;Pol\u00edtica e obxectivos de calidade da formaci\u00f3n&#8217; (cap\u00edtulo 4, do manual do SGIC). Tal e como se indica no procedemento DO-0102 P1 (<a title=\"DO-0102 P1\" href=\"https:\/\/eei.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2020\/02\/eei\/documentos\/escola\/calidade\/procesos-chave\/DO0102P1.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Procedemento para o seguimento e mellora das titulaci\u00f3ns<\/a>) do SGIC, ao finalizar o curso acad\u00e9mico, os coordinadores do t\u00edtulo reciben da \u00e1rea de Calidade, un informe con indicadores e datos recompilados durante o desenvolvemento da actividade docente e do ensino do curso acad\u00e9mico. Estes datos, xunto coa propia informaci\u00f3n da comisi\u00f3n acad\u00e9mica do t\u00edtulo, son analizados durante a elaboraci\u00f3n do informe de seguimento do t\u00edtulo que xera, entre outros resultados, un Plan de Melloras.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Xustificaci\u00f3n acad\u00e9mica, cient\u00edfica e profesional A Mecatr\u00f3nica \u00e9 unha disciplina que integra mec\u00e1nica, electr\u00f3nica, inform\u00e1tica e control autom\u00e1tico para desenvolver sistemas intelixentes capaces de responder &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/mecatronica.uvigo.es\/gl\/informacion\/xustificacion\/\">Continuar<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":0,"parent":1677,"menu_order":2,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-1681","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mecatronica.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1681","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mecatronica.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/mecatronica.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mecatronica.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mecatronica.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1681"}],"version-history":[{"count":26,"href":"https:\/\/mecatronica.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1681\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":82274,"href":"https:\/\/mecatronica.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1681\/revisions\/82274"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mecatronica.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1677"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mecatronica.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1681"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}