Este próximo venres 15 de setembro terá lugar o acto de apertura do curso 2023/24 do Máster en Mecatrónica, na aula 15 da EEI – Sede Campus, a partir das 16:00 horas.
Haberá unha presentación por parte de diversas empresas (Benteler, GKN, Siemens, Aimen, CTAG, Finsa…)
Trala presentación por parte das empresas, a coordinación do mestrado dará información sobre o funcionamento do mesmo, tanto desde o punto de vista docente coma administrativo e resolverá calquera tipo de dúbida relativa á matrícula, prácticas externas e o TFM.
O acceso é libre ata completar aforo.
Bibiana Villaverde de Radio Voz Vigo entrevistou a José Ignacio Armesto con motivo deste acto. Podes oír a entrevista na seguinte ligazón: Acto apertura Mecatrónica.